A
denominación da biblioteca e das aulas do centro é unha das actividades
propostas na liña da Mellora sociolingüística que o novo EDLG do López
Ferreiro está a desenvolver este curso. As aulas levarán o nome de
mulleres representativas no ámbito da cultura galega.
Encarna Otero Cepeda é unha das mulleres máis coñecidas e estimadas de Compostela. Visitou o noso centro recentemente e, dende o 23 de abril, unha das aulas de Educación Infantil leva o seu nome.
Esta historiadora, que dedicou (e dedica) a súa vida á docencia, á política e ás causas sociais, recoñécese como feminista activa.
Ensinante por vocación, entende a educación como un ben público, ao servizo dunha formación integral, en igualdade, que faga as persoas máis felices e humanas e que contribúa á transformación social.
Muller de grande vitalidade e ilusión que escribe e colabora con distintas publicacións, sinala que “gardo no meu corazón a nena que fun para vivir con esperanza e soños”.
Moitísimas grazas, Encarna!
Ningún comentario:
Publicar un comentario