martes, 5 de maio de 2026
martes, 7 de abril de 2026
Pili Pampín fai un trato co galego!
Unha das grandes voces da nosa música defende a importancia de falar galego, tanto no noso día a día como no escenario.
venres, 27 de marzo de 2026
Ortiga e Xavi Cea fan un trato co galego!
mércores, 11 de marzo de 2026
Ángel Carracedo fai un trato co galego!
xoves, 19 de febreiro de 2026
Paula Cons fai un trato co galego!
Paula Cons, xornalista, guionista, documentalista, directora de cine e productora galega tamén fai un trato co galego.
Actualmente Paula Cons atópase na promoción da súa última película " Mi ilustrísimo amigo", un filme que se desenvolve arredor da relación epistolar que mantiñan no S.XIX Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós.
martes, 25 de marzo de 2025
Tradición e música co programa Eixo Atlántico
Achegámonos á tradición oral e á música tradicional con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, unha proposta que gozamos grazas á participación do noso centro no programa que promove O Eixo Atlántico. Son Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal.
Premede no vídeo e no enlace á nosa web para obter máis información: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/node/662
luns, 24 de marzo de 2025
FALAMOS + e o PDI do centro
O PDI do centro centrouse este curso na alimentación. O EDLG e o Equipo de Biblioteca, que se encarga de promover esta proposta, desenvolveron un traballo de colaboración. Así, o alumnado do López Ferreiro preocupouse por coñecer nomes de froitos e e froitas e é quen propoñer comidas saudables en galego. Porque aquí...Falamos +!!!
mércores, 18 de decembro de 2024
Ultreia fala galego
mércores, 28 de febreiro de 2024
Fai un trato co galego: as institucións falan galego
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, é ademais escritor, crítico literario, editor e xornalista, que adoita colaborar asiduamente con diferentes medios de comunicación.
Ocupou a dirección de editoriais como Galaxia e Xerais e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
Ingresou na Real Academia Galega no 2004 e presídea desde marzo de 2017, "un centro de traballo arredor da lingua galega".
Francisco J. Prieto é o arcebispo de Santiago desde abril do pasado ano. Pertence á Arquidiocese de Santiago de Compostela, unha circunscrición ou ámbito eclesiástico da Igrexa Católica en España. É o máximo representante en Galicia desta institución.
O arcebispo de Santiago, sinalaba, precisamente na visita á Real Academia Galega: "A Igrexa ten a responsabilidade de ir educándonos nesa sensibilidade sobre unha lingua que é propia"
domingo, 5 de novembro de 2023
Fai un trato co galego: o noso concello falou e fala en galego.
Encarna Otero Cepeda é unha das persoas máis coñecidas e estimadas de Compostela. É historiadora, e dedicou e dedica a súa vida á docencia, á política e ás causas sociais.
Entende a educación como un ben público, ao servizo dunha formación integral, en igualdade, que faga as persoas máis felices e humanas e que contribúa á transformación social.
Participante
activa, desde moi nova, en movementos sociais e na vida pública,
recoñécese como nacionalista e feminista
activa. Foi
Primeira Tenente da Alcaldía (1999) e Concelleira-Delegada de Rehabilitación
do Casco Histórico, de relacións co Consorcio e de Muller no
Concello Santiago de
Compostela. Tamén
foi Directora
Xeral de Fomento
e Calidade da Vivenda no Goberno
Galego no
período 2005-2009.
Escribe e colabora en diferentes publicacións. A súa obra máis recente é Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron.
Goretti Sanmartín Rei, é a alcaldesa de Santiago de Compostela desde o 17 de xuño de 2023. É a primeira muller que ocupa este cargo na nosa cidade e unha persoa que se define como "feminista e nacionalista"
É licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña.
Foi vicepresidenta da Deputación da Coruña.
Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012, tamén forma parte do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.
Escribiu distintas obras sobre a nosa lingua de maneira individual e colectiva e foi recoñecida co XIX Premio Literario Ánxel Fole.
Fai un trato co galego: persoas comunicadoras da TVG
Esther Estévez Casado, é xornalista e unha das persoas máis coñecida en Galicia grazas ao programa Dígocho eu. Tamén presentou outros programas como Cachadas ou Luar.
O ano pasado, recibiu o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora.
Visita moitos centros e participa como poñente en cursos e xornadas, poñendo en valor o papel da nosa lingua.
Precisamente nas Xornadas, Olladas do Pasado, celebradas en Santiago o 3 e 4 de novembro, non dubidou en gravar, este vídeo para o noso alumnado. Moitísimas grazas, Esther!
Fran 'Cañotas' Rego González é xornalista, presentador, locutor, actor... e desenvolve o seu traballo fundamentalmente na TVG e na Radio Galega.
Presume do alcume familiar, que vén da aldea do seu pai, A Cañota, en Arzúa.
Practica o "wake" (similar ao esquí acuático) preto da casa familiar e gústanlle moito os videoxogos.
E, o máis importante, pode desenvolverse nos distintos ámbitos en galego!
-
O alumnado de infantil e o de 2º de primaria cantou, recitou e xogou cunha cantiga de tradición oral propia deste tempo. Que a gocedes!
-
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A ...
-
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Ademáis tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra...