Amosando publicacións coa etiqueta Aula de Maiores Biblioteca Ánxel Casal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aula de Maiores Biblioteca Ánxel Casal. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de marzo de 2024

Recital na Biblioteca Ánxel Casal

Como cada trimestre, as aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro, reúnense coa Aula de Maiores da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, para desenvolver unha proposta conxunta.

Esta vez foi un "recital" de cancións populares: "Foliada de Nadela", "Catro vellos mariñeiros", "A Virxe de Guadalupe", " O sancristán de Coímbra" e "Se chove, deixa chover".

Unha vez máis queren pór en valor a cultura propia e a relevancia das propostas de aprendizaxe servizo.

Achegamos o cartel anunciador e un pequeno fragmento do recital.

 

 


 


 


 

 

 

 

 

 



domingo, 7 de xaneiro de 2024

Aula de Maiores da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Unha vez máis, o alumnado das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro desenvolveu unha actividade conxunta coa Aula de Maiores da Biblioteca Ánxel Casal. 

Esta vez, o alumnado agasallou as persoas que forman parte desta Aula cunhas panxoliñas e fixéronse recitados conxuntos de cantigas de tradición oral.

O EDLG do centro seguirá poñendo en valor o noso idioma, procurando propostas de aprendizaxe servizo e potenciando a colaboración con diferentes asociacións e institución da contorna, co obxectivo de aprender e servir.






sábado, 24 de xuño de 2023

Aula de Maiores da Biblioteca Ánxel Casal

A Aula de Maiores da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e as aulas de 4º de Educación Infantil, en colaboración co EDLG, remataron o curso cunha actividade no salón de actos desta biblioteca. Con anterioridade, as persoas que participan nesta Aula viñeran ao centro a coñecer o  traballo do alumnado máis novo, arredor dos textos de tradición oral e de diferentes mulleres "Imprescindibles", como Coralia e Maruxa Fandiño Ricart.

Pero, para esta ocasión, as persoas da Aula de Maiores e o alumnado prepararon un recitado conxunto de versos de Rosalía de Castro, Helena Villar e Ana María Fernández.