Para o desenvolvemento da terceira fase da nosa proposta para o Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística (Fai un trato co galego! Atende en galego!), reunímonos a pasada semana no Pazo de Raxoi con Goretti Sanmartín. A alcaldesa, recibiu o alumnado de 5º e 6º de Primaria e unha representación do EDLG, manifestando o seu apoio a esta campaña!
Estamos moi contentas e moi contentos que dera conta da nosa proposta o Consello da Cultura Galega, o Observatorio da Lingua Galega e xornais como Nós Diario ou La Voz de Galicia.
Ademais o EDLG do CEIP López Ferreiro creou unha conta de Instagram: @edlglopezferreiro. Nesta conta estanse a subir os apoios das familias do alumnado do Equipo 21 e doutras persoas significativas que colaboran, desde os seus inicios, hai dous cursos, coa nosa campaña Fai un trato co galego!
Animámosvos a sumarvos a esta iniciativa remitíndonos os vosos vídeos ao correo electrónico do EDLG: edlglopezferreiro@gmail.com. O Concello de Santiago xa o está a facer!