domingo, 31 de outubro de 2021

Por que O Niño de Pombas?

 

Porque é o título dunha das novelas de Antonio López Ferreiro, escritor, historiador e arqueólogo galego que dá nome ao noso centro. Naceu en Santiago o 9 de novembro de 1837 e faleceu en Vedra o 20 de marzo de 1910. Cursou estudos de Filosofía e Letras e Dereito e doutorouse en Teoloxía.

Estivo de cóengo na Catedral de Santiago e foi profesor no Seminario.

 No ano 1978, adicóuselle o Día das Letras Galegas.

A súa paixón pola historia encontrámola reflectida na súa obra literaria : A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905). O título desta última novela transfórmase nunha fermosa metáfora para dar nome ao noso blog. 

López Ferreiro nunha imaxe tomada da Wikipedia

 




Benvidas e Benvidos

Dámosvos a benvida á nova bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro. Agardamos poder ofrecervos propostas e informacións relevantes a prol do fomento do uso da lingua galega. Tamén vos achegaremos novas e vos faremos partícipes das actividades que se desenvolvan no colexio por parte do noso equipo.