domingo, 19 de maio de 2024

Festival de Teatro Intercentros

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordina as propostas do grupo de teatro do centro, conformado por alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Representaron, na XXVIII edición do Festival de Teatro Incercentros, a obra orixinal Caso 21. Departamento medioambiental. Unha montaxe que nos fai reflexionar sobre a importantcia do coidado da contorna natural e do papel de quen a habitamos.

O alumnado e as persoas asistentes gozaron moito coa escenificación!

Parabéns para elas e eles e para o seu director e guionista, Alberto Martínez, tamén membro do EDLG.