domingo, 19 de decembro de 2021

Bo Nadal


Felicitámosvos o Nadal cun dos traballos que penduran na árbore de entrada ao centro. Son unhas postais para ver e escoitar que elaboraron, este ano, as nenas e os nenos de Educación Infantil.

Desfrutade destas datas e non esquezades pedir os vosos desexos en galego! De seguro que se cumpren!


 



Léxico galego para a cativada


Dende o EDLG do CEIP López Ferreiro queremos recomendarvos Dic, dac, docs.
É unha serie para achegar o léxico galego ás pequenas e pequenos.  Está no Portal da Lingua Galega e podedes acceder pinchando na imaxe.