domingo, 5 de marzo de 2023

Mulleres Imprescindibles na vida de Compostela II

 

Hai moitas MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA. Este curso achegámonos a algunhas delas a través da proposta que presentamos para o Programa Donas de Si que está a coordinar o noso EDLG e agardamos dar a coñecer a moitas máis nos vindeiros cursos.
Algunhas desas mulleres xa forman parte da vida activa do noso centro e colaboran con nós cada curso en distintas propostas. Este ano dúas delas, Helena Villar e Encarna Otero, estarán no centro o 8 de marzo e Margarita Ledo, uns días despois.
Para dalas a coñecer ao noso alumnado e ao resto da nosa comunidade educativa, desde o  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaboramos unhas infografías. Para a súa realización contamos coa colaboración das alumnas: Celia Lorenzo, Lucía Vieito e Esperanza Viveiro, de 6º de Educación Primaria, coa axuda inestimable da alumna do Grao de Educación Infantil da USC, Cristina Filgueira
 
 

 

 
 

 
   


 

 

 

sábado, 4 de marzo de 2023

Mulleres imprescindibles na vida de Compostela I

 

MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA é o título da proposta coa que o noso centro participa no Programa Donas de Si. Este traballo, que coordina o EDLG, achégase a Rosalía de Castro, Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, Ramona Vaamonde Fernández, Helena Villar Janeiro, Encarna Otero Cepeda, Margarita Ledo Andión e Verónica Boquete Giadáns. 

Preténdese divulgar a figura e o labor de mulleres relevantes na historia da nosa cidade, como unha maneira máis de romper coa invisibilidade das mulleres.

Nesta infografía queremos dar a coñecer os aspectos máis relevantes desta grande deportista.




Premendo no seguinte enlace descubrimos tamén a Ramona Vaamonde Fernández:
https://view.genial.ly/63d501753f18790011357d31/interactive-content-ramona-vaamonde