sábado, 13 de maio de 2023

XXVII edición do Festival de Teatro Intercentros

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega retomou, despois duns anos, a actividade do grupo de teatro, conformado por alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Representaron, na XXVII edición do Festival de Teatro Incercentros, a obra orixinal Fai un trato co galego! O título da obra é precisamente o nome da campaña que o EDLG vén desenvolvendo dende o curso pasado.

O alumnado desfrutou moito coa representación, que foi todo un éxito!

Parabéns para elas e eles e para o seu director e guionista, Alberto Martínez, tamén membro do EDLG. 






luns, 8 de maio de 2023

Letras Galegas 2023 no CEIP López Ferreiro


Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dende o EDLG, adaptamos o penúltimo capítulo da obra de Francisco Fernández del Riego, Galicia.
As alumnas de 4º de Primaria: Naia Lopes Fenández, Cloe Paredes Cortegoso, Gala Pedreira Asorey, Helena Pereira Rey, Gaia Rey de la Fuente e Lucía Zas Viña, elaboraron o guión e presentan Remate da peregrinaxe en Santiago de Compostela. Un traballo cuxa edición realizou Lara Timiraos Rubido, alumna de 4º curso do Grao en Mestre/a de Educación Infantil (USC).

 

Uns días despois desta celebración, un grupo de familias do centro e dúas titoras, achegáronse a moitos dos lugares que percorreran os "armoricanos", nese penúltimo capítulo de Galicia.