Extra, extra! Temos novos artigos na Galipedia que atinxen ao noso centro. Podedes premer nos seguintes enlaces para coñecer máis sobre Parque Xixón e sobre o Libro da memoria.
mércores, 2 de abril de 2025
sábado, 4 de marzo de 2023
O Libro da Memoria no Día Mundial da Radio
No Día Mundial da Radio, celebrado o 13 de febreiro, o noso centro participou nunha grande conexión con máis de cen centros escolares de toda Galicia e do norte de Portugal. Este encontro radiofónico estivo organizado por Ponte nas Ondas
En representación do CEIP López Ferreiro, participaron un grupo de nenas e nenos de 6º de Educación Primaria que, entre outras cousas, achegaron unha mostra do traballo de tradición oral que se está a desenvolver no centro cos máis pequenos e coas máis pequenas, a través do Libro da Memoria e impulsado polo EDLG.
Premede na imaxe e achegádevos ao contido que amosa o código QR!
domingo, 18 de decembro de 2022
Presentación do Libro da Memoria no CSC Maruxa e Coralia
Hoxe, 17 de decembro, presentouse no CSC Maruxa e Coralia o Libro da Memoria (2019-2022) das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro. Un conxunto de textos ilustrados polo alumnado e que son unha escolma da tradición oral das súas familias.
O acto, ao que asistiu arredor dun cento de persoas entre alumnado, familias, representantes do mundo da cultura e da política da cidade, estivo cargado de emotividade. Púxose de manifesto a importancia do texto lírico de tradición oral, porque nos conecta coa cultura e coa lingua propia e porque pon en valor a muller como principal transmisora.
Nesta presentación falaron Helena Villar, Encarna Otero, Cristina Trigo, Mari Carmen Montero, Fátima Rodríguez e Rosa Suárez. Agradeceuse a Mercedes Rosón e a Lupe Rodríguez que propiciaran o encontro no novo CSC e a Benjamin Carter o ter desenvolvido o deseño e maquetación da obra.
domingo, 15 de maio de 2022
Colaboración do noso centro coa Facultade de Ciencias da Educación
Para celebrar o Día das Letras Galegas, presentámosvos un traballo conxunto entre o CEIP López Ferreiro e a Facultade de Ciencias da Educación da USC. Un proxecto de recollida de tradición oral que nace dun traballo das aulas Coralia e Maruxa e que se materializou a través dunha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro e co apoio da nosa biblioteca. Para consultalo só tedes que premer na seguinte imaxe:
A tradición oral é un vehículo fundamental e marabilloso de transmisión, conservación e posta en valor da nosa lingua e da nosa historia.
sábado, 26 de febreiro de 2022
LIBRO DA MEMORIA
Achegámosvos o Libro da Memoria do CEIP López Ferreiro, un Libro amplo, distribuído por cursos, que elaboramos coas achegas da nosa comunidade educativa.
A tradición oral é un dos piares da nosa cultura, unha memoria colectiva necesaria para manter a identidade propia.
Agradecemos a participación de todas e todos para conformar este traballo. Premede nas imaxes e desfrutade!
j
-
O alumnado de infantil e o de 2º de primaria cantou, recitou e xogou cunha cantiga de tradición oral propia deste tempo. Que a gocedes!
-
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A ...
-
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Ademáis tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra...







