Amosando publicacións coa etiqueta López Ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta López Ferreiro. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de marzo de 2022

XOIAS DA TRADICIÓN ORAL

Dúas familias da nosa comunidade educativa achégannos dúas testemuñas marabillosas da recollida de tradición oral.

A primeira son dúas gravacións, realizadas hai máis de vinte anos, que conforman un episodio dunha serie denominada A Palabra no Tempo, da TVG.

Sara achéganos a historias e lendas que deron forma ao imaxinario do Mar das Carolas (na Mariña lucense) e que grazas a ela se conservaron.

Moitísimas grazas á familia Rodríguez Domínguez por cedernos este tesouro.

 


 


A segunda é un libro fantástico elaborado, hai máis de 30 anos (curso 1989-1990) polo alumnado que remataba o ensino obrigatorio no que era o C.P. de Bembibre, en Val do Dubra (hoxe CPI de Bembibre). 

Nel o alumando recolleu, documentou e ilustrou os contos que chegaron ás súas casas. Moitos son de parroquias do propio concello de Val do Dubra e outros de concellos próximos como Carballo ou Santa Comba.

Moitísimas grazas á familia López Calviño por querer compartir con todas e todos esta xoia.


 

domingo, 7 de novembro de 2021

Libro da Memoria

Queremos conformar un Libro da Memoria do centro. Parécenos moi importante que o alumnado  comparta e desfrute da tradición oral propia. Pensamos que é responsabilidade do sistema educativo asumir, pór en valor, analizar e perpetuar os sinais de identidade de cada pobo.

Achegámosvos un exemplo de xogo de aula en Educación  Infantil e nesta entrada poderedes ver máis adiante o Libro que, entre todas e todos, elaboraremos este curso.

 

Tamén podedes acceder a textos de tradición oral trasladados a ARASAAC a través do seguinte enlace.


domingo, 31 de outubro de 2021

Por que O Niño de Pombas?

 

Porque é o título dunha das novelas de Antonio López Ferreiro, escritor, historiador e arqueólogo galego que dá nome ao noso centro. Naceu en Santiago o 9 de novembro de 1837 e faleceu en Vedra o 20 de marzo de 1910. Cursou estudos de Filosofía e Letras e Dereito e doutorouse en Teoloxía.

Estivo de cóengo na Catedral de Santiago e foi profesor no Seminario.

 No ano 1978, adicóuselle o Día das Letras Galegas.

A súa paixón pola historia encontrámola reflectida na súa obra literaria : A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905). O título desta última novela transfórmase nunha fermosa metáfora para dar nome ao noso blog. 

López Ferreiro nunha imaxe tomada da Wikipedia

 




Benvidas e Benvidos

Dámosvos a benvida á nova bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro. Agardamos poder ofrecervos propostas e informacións relevantes a prol do fomento do uso da lingua galega. Tamén vos achegaremos novas e vos faremos partícipes das actividades que se desenvolvan no colexio por parte do noso equipo.