Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca do CEIP López Ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca do CEIP López Ferreiro. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de abril de 2025

Encontros lectores

 O 12 e marzo, o Equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG, desenvolveu un novo encontro lector, as lecturas que comentamos foron as seguintes:

1. Lectoras e lectores principiantes


CANTA XENTE SE NECESITA..., de Anna Font 



2. Lectoras e lectores autónomos e autónomas


ESPANTALLO AMIGO, de Xosé Neira Vilas


3. Familias lectoras


VIRTUDES (e misterios), de Xesús Fraga


domingo, 19 de maio de 2024

Rota por Compostela

Para festexar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Biblioteca e o EDLG, participaron nunha rota por Compostela, con alumnado e familias, que rematou na Biblioteca América. Alí, Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC, amosounos as asombrosas instalacións, onde puidemos achegarnos ao facsímile do libro máis antigo de Galicia, o Libro das Horas de Fernando I, datado de 1055 e que se atesoura nesta Biblioteca.