Amosando publicacións coa etiqueta Do Rivés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Do Rivés. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de febreiro de 2025

Do Rivés fan un trato co galego!


O grupo bergantiñán Do Rivés tamén fai un trato co galego!

Compoñen a formación as xemelgas de Carballo Hadri e Jenni Felpete, Elena Verdes, de Malpica, Alba Freijeiro, de Baio e Paula Vilela, de Muxía. Todas teñen vinculación co canto galego dende que apenas eran unhas nenas.
 



Do Rivés conta cun repertorio de letras e melodías recollidas, na súa inmensa maioría en Bergantiños.

 

Tivemos a sorte de recibir a Paula que nos achegou algúns cantos populares.