Amosando publicacións coa etiqueta Margarita Ledo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Margarita Ledo. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de abril de 2023

Visita das Mulleres Imprescindibles ao noso centro

No mes de marzo,  o "mes por excelencia das mulleres", visitaron o noso centro para reunirse co alumnado dos diferentes niveis: Marisa Vidal, Encarna Otero, Helena Villar e Margarita Ledo.

Estes encontros con mulleres organizounos o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, que está a coordinar a proposta MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA, que se desenvolve a partir do Programa Donas de Si, no que  estamos a participar.

Tivemos a sorte de poder contar para a conmemoración do 8M con Helena Villar e Encarna Otero que desenvolveron, como en tantas ocasións, encontros co alumnado de todos os ciclos. Ademais, e en colaboración co Equipo de Extraescolares, visitounos Marisa Vidal, que nos acercou a Exeria, un dos referentes femininos da nosa historia, a través do seu traballo: Eu son Exeria.

E rematamos o mes coa conferencia de Margarita Ledo, que lle achegou ao alumnado de 6ºde Primaria, a súa paixón polo audiovisual como medio para reivindicar a loita das mulleres e poñer en valor a lingua propia.

Helena Villar Janeiro e Encarna Otero Cepeda

 
 
Marisa Vidal Collazo


 
Margarita Ledo Andión

domingo, 5 de marzo de 2023

Mulleres Imprescindibles na vida de Compostela II

 

Hai moitas MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA. Este curso achegámonos a algunhas delas a través da proposta que presentamos para o Programa Donas de Si que está a coordinar o noso EDLG e agardamos dar a coñecer a moitas máis nos vindeiros cursos.
Algunhas desas mulleres xa forman parte da vida activa do noso centro e colaboran con nós cada curso en distintas propostas. Este ano dúas delas, Helena Villar e Encarna Otero, estarán no centro o 8 de marzo e Margarita Ledo, uns días despois.
Para dalas a coñecer ao noso alumnado e ao resto da nosa comunidade educativa, desde o  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaboramos unhas infografías. Para a súa realización contamos coa colaboración das alumnas: Celia Lorenzo, Lucía Vieito e Esperanza Viveiro, de 6º de Educación Primaria, coa axuda inestimable da alumna do Grao de Educación Infantil da USC, Cristina Filgueira