No mes de marzo, o "mes por excelencia das mulleres", visitaron o noso centro para reunirse co alumnado dos diferentes niveis: Marisa Vidal, Encarna Otero, Helena Villar e Margarita Ledo.
Estes encontros con mulleres organizounos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, que está a coordinar a proposta MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA, que se desenvolve a partir do Programa Donas de Si, no que estamos a participar.
Tivemos a sorte de poder contar para a conmemoración do 8M con Helena Villar e Encarna Otero que desenvolveron, como en tantas ocasións, encontros co alumnado de todos os ciclos. Ademais, e en colaboración co Equipo de Extraescolares, visitounos Marisa Vidal, que nos acercou a Exeria, un dos referentes femininos da nosa historia, a través do seu traballo: Eu son Exeria.
E rematamos o mes coa conferencia de Margarita Ledo, que lle achegou ao alumnado de 6ºde Primaria, a súa paixón polo audiovisual como medio para reivindicar a loita das mulleres e poñer en valor a lingua propia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario