luns, 9 de xaneiro de 2023

Nadal coas familias

 Un grupo de familias de Edcuación Infantil celebrou con nós o remate do trimestre e o inicio das festas de Nadal.

Cantamos con elas e con eles panxoliñas e cantigas tradicionais, moitas delas recollidas no Libro da Memoria do noso centro.

Foi unha mañá fantástica e alegrámonos moito de poder gozar todas e todos da nosa música.