Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado de Infantil do CEIP López Ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado de Infantil do CEIP López Ferreiro. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de febreiro de 2026

Os Xenerais do Ulla no López Ferreiro

Esta semana tivemos a visita dos Xenerais do Ulla procedentes de Bandeira, no concello de Silleda. Mario e Alberto ensináronnos as partes do traxe dun xeneral e dun correo, probamos os sombreiros e deleitáronnos cuns vivas e uns atranques. Iso si, que damos sen velos montados en cabalos.

                         
  







mércores, 23 de abril de 2025

Tradidácticos

Este proxecto ten a finalidade de achegar a tradición ao alumnado do noso país, a través do baile, o canto, os contos e a práctica dos instrumentos máis característicos da nosa música.


Creado por Manuele Pardo, graduado en Maxisterio dende 2017, quen traballa como mestre de música en colexios ao ancho da xeografía galega dende o 2018 ata o 2023.

Na actualidade forma parte de grupos como AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional. Tamén imparte aulas de pandeireta, gaita, percusión e baile a crianzas e adultos en diferentes asociacións culturais.


mércores, 26 de marzo de 2025

DIXIMED

O alumnado dos distintos niveis do López Ferreiro, preséntanos o Diximed e a súa utilidade para achegarnos ao coñecemento do corpo humano.


O guión destes vídeos e a gravación foi realizada polo Equipo Falamos +, alumnas e alumnos de 6º de primaria. A montaxe realizouna o EDLG do CEIP López Ferreiro

E antes do recreo, xogamos co DIXIMED!




domingo, 16 de abril de 2023

Encontros Lectores

O Equipo da Biblioteca do noso centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega seguen a desenvolver mensualmente encontros lectores co alumnado e coas familias.

O EDLG do noso centro leva a cabo estas xuntanzas coas alumnas e cos alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e coas súas familias.


Algunhas das obras escollidas foron: Un estraño agasallo, O tesouro de pirata Frank ou Cambia o conto.