domingo, 18 de decembro de 2022

Presentación do Libro da Memoria no CSC Maruxa e Coralia

 

Hoxe, 17 de decembro, presentouse no CSC Maruxa e Coralia o Libro da Memoria (2019-2022) das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro. Un conxunto de textos ilustrados polo alumnado e que son unha escolma da tradición oral das súas familias.

O acto, ao que asistiu arredor dun cento de persoas entre alumnado, familias, representantes do mundo da cultura e da política da cidade, estivo cargado de emotividade. xose de manifesto a importancia do texto lírico de tradición oral, porque nos conecta coa cultura e coa lingua propia e porque pon en valor a muller como principal transmisora.

Nesta presentación falaron Helena Villar, Encarna Otero, Cristina Trigo, Mari Carmen Montero, Fátima Rodríguez e Rosa Suárez. Agradeceuse a Mercedes Rosón e a Lupe Rodríguez que propiciaran o encontro no novo CSC e a Benjamin Carter o ter desenvolvido o deseño e maquetación da obra.


 




Ningún comentario:

Publicar un comentario