O pasado 21 de novembro, a Biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
empezaron a desenvolver conxuntamente os encontros lectores deste curso. Para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de
Primaria, a obra escollida foi: Como se di? de Thiago Lopes e Lawrence Schimel (VerdeMar - Alvarellos editora). Un álbum ilustrado que pon en valor a diversidade e que nos mostra a
importancia das “boas maneiras”, fundamentais para a convivencia.
Para o grupo das e dos maiores (3º a 6º de E. Primaria), a proposta foi: Pippi Mediaslongas de Astrid Lindgren, unha obra moi divertida que nos achega tamén á
diversidade e que rompe estereotipos.
Foi unha tarde na que familias, alumnado e docentes desfrutaron comentando estas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario