A Aula de Maiores da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e as aulas de 4º de Educación Infantil, en colaboración co EDLG, remataron o curso cunha actividade no salón de actos desta biblioteca. Con anterioridade, as persoas que participan nesta Aula viñeran ao centro a coñecer o traballo do alumnado máis novo, arredor dos textos de tradición oral e de diferentes mulleres "Imprescindibles", como Coralia e Maruxa Fandiño Ricart.
Pero, para esta ocasión, as persoas da Aula de Maiores e o alumnado prepararon un recitado conxunto de versos de Rosalía de Castro, Helena Villar e Ana María Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario