domingo, 22 de outubro de 2023

Fai un trato co galego: elas e eles cantan en galego

 De novo, máis artistas musicais, se unen á nosa campaña, Fai un trato co galego.

Adhara é a vocalista do grupo Adhara & Ritman. É unha muller comprometida coa lingua e coa cultura galega, que ten colaborado co noso alumnado en varias ocasións e que puxo música e voz ás nosas campañas do 25 N e do 8M.

A súa música mestura diferentes estilos, como o reggae, se ben a súa base é folk rock. Adoitan adaptar textos de cancións populares galegas, botan man de versos de Rosalía de Castro, por exemplo, pero tamén poñen voz e música a textos propios.

 


Paco Nogueiras é un home polifacético, que desenvolve o seu traballo en galego. Formouse con grandes artistas  como Andrés Pazos ou Fabio Mangolini, e pertenceu a grandes grupos como  Els Comediants, Os Quinquilláns, Ophiusa, Os Tres TENedORES ou a  Orquestra Os Modernos. Impartiu e imparte clases de teatro, foi creador de bandas sonoras...

Aos seus espectáculos “Brinca Vai!”“Radio Bulebule”, outorgóuselles os Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil nos anos 2016 e 2021, respectivamente.

Co seu traballo “Extra!” baseados nos libros editados coa Editorial Kalandraka, visitou o noso centro.

 


Xiana Lastra é a vocalista da formación feminina A banda da Loba. Nas súas cancións falan de memoria, de diversidade, feminismo, igualdade, ecoloxismo... Mesturan pop, blues, folk ou rock con sons tradicionais, creando así un estilo propio, que en 2018 gañou o certame aRi[t]mar de música galego portuguesa.

Como moitas e moitos artistas, Xiana, desenvolve moitos traballos así, traballa en Nova Escola Galega (asociación pedagóxica) e ten unha produtora audiovisual e musical, Seispés Producións Creativas. Ela é a "manager"  de A Banda da Loba e doutras agrupacións.

 

 

Pablo Díaz é unha das persoas máis coñecidas no mundo da música e o baile tradicional galego

Publicou varios Libro-Discos, dos que botamos man nas escolas, entre outros: Tic, Tac, Toc, Toc, Coas miñas mans (galardoado co Premio Martín Códax da Música ao mellor álbum de música infantil no 2017)

Ten participado tamén noutros proxectos musicais como “Música na escola” ou “Música e movemento”. Colaborou con artistas como Xoán Curiel, Magín Blanco ou  Ses.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario