domingo, 5 de novembro de 2023

Fai un trato co galego: o noso concello falou e fala en galego.

 

Encarna Otero Cepeda é unha das persoas máis coñecidas e estimadas de Compostela. É historiadora, e dedicou e dedica a súa vida á docencia, á política e ás causas sociais.

Entende a educación como un ben público, ao servizo dunha formación integral, en igualdade, que faga as persoas máis felices e humanas e que contribúa á transformación social.

Participante activa, desde moi nova, en movementos sociais e na vida pública, recoñécese como nacionalista e feminista activa. Foi Primeira Tenente da Alcaldía (1999) e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consorcio e de Muller no Concello Santiago de Compostela. Tamén foi Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no Goberno Galego no período 2005-2009.

Escribe e colabora en diferentes publicacións. A súa obra máis recente é Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron.


Goretti Sanmartín Rei, é a alcaldesa de Santiago de Compostela desde o 17 de xuño de 2023. É a primeira muller que ocupa este cargo na nosa cidade e unha persoa que se define como "feminista e nacionalista"

É licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. 

Foi vicepresidenta da Deputación da Coruña.

Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012, tamén forma parte do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

Escribiu distintas obras sobre a nosa lingua de maneira individual e colectiva e foi recoñecida co XIX Premio Literario Ánxel Fole.



 




Ningún comentario:

Publicar un comentario