domingo, 7 de xaneiro de 2024

Conmemoramos o 25N e o 3D

No CEIP López Ferreiro, levouse a cabo unha proposta conxunta entre o Equipo de Educación Infantil, as aulas de 3º e 5º de Primaria e os Equipos de Plan Dixital e o de Dinamización da Lingua Galega.

Esta actividade, inspirada no libro de Todd Parr, anima a aceptar as diferenzas, poñer límites e expresar as emocións en galego.

A iniciativa forma parte das actividades que se están a desenvolver para a preparación da nosa participación no programa 21 días co galego e + 2024. Se premedes na imaxe, poderedes ver o vídeo da nosa proposta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario