domingo, 11 de febreiro de 2024

Pegadas de Paz

 

En colaboración cos Equipos de Extraescolares e Plan Dixital, reflexionabamos sobre a idea de «educar para o conflito» e achegabamos á visión de Paco Cascón, sobre como partir do traballo afectivo e emocional para crear culturas de paz. 

Quixemos dar visibilidade aos actos de solidariedade do alumnado, a través das Pegadas de Paz que van deixando ao seu paso pola escola.

Destacouse o traballo do alumnado do Equipo 21: un grupo de máis de 30 nenas e nenos do centro que durante o programa 21 días co galego e + se ocuparon de achegar xogos populares en galego ao alumnado, botar unha man no desenvolvemento de calquera proposta que se realizou no centro e animaron a falar galego.

A exposición situouse nunha das entradas do centro. Podedes ampliar a información premendo no enlace da web do centro e no blog sentindoenfeminino. 

 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario