A celebración do Día de Rosalía é un acontecemento en todos os centros e, por suposto, tamén o foi no noso!
O alumnado de Educación Infantil do CEIP Ricardo Tobío, de Esteiro (Muros), achegounos un recitado fermosísimo que vos convidamos a ver e escoitar: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2023/03/os-nenos-e-nenas-de-educacion-infantil.html
Por outra banda, un ano máis seguimos a desenvolver actividades conxuntas co IES Camilo José Cela de Padrón. Este curso agasallámolos e agasallámolas, remitíndolles o noso traballo a través duns códigos QR.
Estas propostas poñen de manifesto que o traballo interniveis e intercentros é moi produtivo!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega participou tamén da Ruta Rosaliana que organizou o Equipo da Biblioteca a través do programa "Lectura e Familias". Visitamos o Museo do Pobo Galego e os lugares máis significativos nos que viviu a poeta, entre eles a casa de Antonio López Ferreiro, hoxe sede o ILGA, que nos abriu as súas portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario