domingo, 16 de febreiro de 2025

Do Rivés fan un trato co galego!


O grupo bergantiñán Do Rivés tamén fai un trato co galego!

Compoñen a formación as xemelgas de Carballo Hadri e Jenni FelpeteElena Verdes, de Malpica, Alba Freijeiro, de Baio e Paula Vilela, de Muxía. Todas teñen vinculación co canto galego dende que apenas eran unhas nenas.
 



Do Rivés conta cun repertorio de letras e melodías recollidas, na súa inmensa maioría en Bergantiños.

 

Tivemos a sorte de recibir a Paula que nos achegou algúns cantos populares.



mércores, 18 de decembro de 2024

Ultreia fala galego

 

A Barbería Ultreia, situada na Algalia de Arriba, tamén fala galego. O seu propietario Antonio dedicounos uns minutos e quixo participar na nosa campaña a prol do galego.



luns, 9 de decembro de 2024

En Abrollos falan en galego

En Abrollos - Moda & Complementos, tamén falan galego. 

Situada na rúa Xeneral Pardiñas, esta tenda quere unirse á nosa proposta e recibir a súa clientela en galego.



mércores, 4 de decembro de 2024

O 13 fala galego

 Recomendamos a visita  a este establecemento, na rúa Santa Clara 13,  porque atenden en galego!

        No café-bar o 13 tamén falan galego!



luns, 2 de decembro de 2024

Tradición oral de Nadal no 3D

Mañá, 3 de decembro, é  o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Desde o EDLG do CEIP López Ferreiro, queremos promover a participación de todas e todos, no achegamento á tradición oral do Nadal, a través de textos en linguaxe pictográfica.
Pretendemos pór o noso gran de area no fomento dunha sociedade máis inclusiva e accesible.
 
Premendo nas imaxes poderedes acceder a outras panxoliñas e lerias.


PANXOLIÑAS


LERIAS








luns, 25 de novembro de 2024

Encontros lectores

O mércores 20 de novembro comezaron os encontros lectores do Club de Lectura do López Ferreiro.

É un traballo colaborativo desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, que coordina a proposta.

O Equipo da Biblioteca Helena Villar participa da iniciativa da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

E este ano, ademais dos dous clubs de lectura habituais para o alumnado, engadimos un para persoas adultas no que xa están a participar media ducia de familias.

Este proxecto contou, nesta ocasión, coa mediación lectora de María Cortizo, do Equipo de Biblioteca, de Alberto Martínez, do EDLG, e de Mari Carmen Montero, anterior directora do centro, que puxo en marcha esta idea na súa etapa como coordinadora da Biblioteca hai máis dunha década.






 

luns, 18 de novembro de 2024

Fai un trato co galego! Nuno Pico

Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado na Coruña, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de VigoEn 2022 foi Premio Martín Códax da Música.