O mércores 20 de novembro comezaron os encontros lectores do Club de Lectura do López Ferreiro.
É un traballo colaborativo desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, que coordina a proposta.
O Equipo da Biblioteca Helena Villar participa da iniciativa da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.
E este ano, ademais dos dous clubs de lectura habituais para o alumnado, engadimos un para persoas adultas no que xa están a participar media ducia de familias.
Este proxecto contou, nesta ocasión, coa mediación lectora de María Cortizo, do Equipo de Biblioteca, de Alberto Martínez, do EDLG, e de Mari Carmen Montero, anterior directora do centro, que puxo en marcha esta idea na súa etapa como coordinadora da Biblioteca hai máis dunha década.
Ningún comentario:
Publicar un comentario