A biblioteca do centro e o equipo de dinamización da lingua realizou o primeiro Encontro lector do 2026.
- Para o alumnado de Educación Infantil , 1º, 2º e 3º de Primaria: O Libro da Memoria
Unha obra publicada desde o centro hai tres cursos, para que o alumnado descubra e se incorpore á cultura que lle pertence.
- Para 4º, 5º e 6º, A lavandeira de San Simón.
Unha obra de Eva Mejuto, ilustrada por Bea Gregores, que trata o tema da memoria esquecida das mulleres solidarias de Redondela, que axudaron aos prisioneiros de San Simón, (Ed. Xerais).
Tendo en conta que estamos no ano de Castelao, a obra que propoñemos é A vida incerta, Biografía de Virxinia Pereira. A obra de Montse Fajardo (Cumio editorial), que nos achega a unha muller polifacética, que era coñecida sobre todo por ser a muller de Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario