A biblioteca do centro e o equipo de dinamización da lingua realizou o primeiro Encontro lector do 2026.
- Para o alumnado de Educación Infantil , 1º, 2º e 3º de Primaria: O Libro da Memoria
Unha obra publicada desde o centro hai tres cursos, para que o alumnado descubra e se incorpore á cultura que lle pertence.
- Para 4º, 5º e 6º, A lavandeira de San Simón.
Unha obra de Eva Mejuto, ilustrada por Bea Gregores, que trata o tema da memoria esquecida das mulleres solidarias de Redondela, que axudaron aos prisioneiros de San Simón, (Ed. Xerais).
- Para as familias,
O libro proposto foi A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. A obra de Montse Fajardo (Cumio editorial), achéganos a unha muller polifacética, que era coñecida, sobre todo, por ser a muller de Castelao.
.jpeg)



