xoves, 16 de outubro de 2025

Patrimonio lúdico galego

 

Está a publicarse a obra colectiva  Patrimonio lúdico galego. É un traballo de investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais.

Nada máis e nada menos que 42 persoas investigadoras e impulsoras do noso grande patrimonio lúdico son as responsables de recoller experiencias sobre os xogos tradicionais.

Esta iniciativa está promovida polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, apoiado e financiado pola Universidade de Santiago e pola Secretaría Xeral da Lingua.

Estade atentas e atentos que, en breve, se fará pública a data da presentación desta obra. 

 

 


No Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego están, entre outras persoas, aquelas que conforman a AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional), que nos permitiu gozar de moitos xogos populares e tradicionais o curso pasado polo Samaín e que volverán este curso!

Premede aquí para acceder a máis información

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario