luns, 25 de novembro de 2024

Encontros lectores

O mércores 20 de novembro comezaron os encontros lectores do Club de Lectura do López Ferreiro.

É un traballo colaborativo desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, que coordina a proposta.

O Equipo da Biblioteca Helena Villar participa da iniciativa da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

E este ano, ademais dos dous clubs de lectura habituais para o alumnado, engadimos un para persoas adultas no que xa están a participar media ducia de familias.

Este proxecto contou, nesta ocasión, coa mediación lectora de María Cortizo, do Equipo de Biblioteca, de Alberto Martínez, do EDLG, e de Mari Carmen Montero, anterior directora do centro, que puxo en marcha esta idea na súa etapa como coordinadora da Biblioteca hai máis dunha década.






 

luns, 18 de novembro de 2024

Fai un trato co galego! Nuno Pico

Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado na Coruña, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de VigoEn 2022 foi Premio Martín Códax da Música.