domingo, 20 de outubro de 2024

Diximed para pediatría

Este curso empezamos coa boa nova da publicación en galego do dicionario de termos médicos para nenos e nenas, ao que o alumnado do CEIP López Ferreiro lle puxo voz.

Este Primeiro dicionario de medicina quere explicar o significado e o uso das palabras máis básicas que os nenos e as nenas escoitan e utilizan cando falan da súa saúde e das súas enfermidades.  

A idea e dirección do proxecto é de  Rosa Estopà (profesora titular do Departamento de Tradución e Ciencias da Linguaxe da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona) e a tradución e adaptación ao galego fíxoa o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Podedes acceder a través dos seguintes enlaces: https://www.diccionaridemedicina.app/web/gl/covid-19/ e https://www.diccionaridemedicina.app/web/gl/dicionario/ 

Achegaremos máis información sobre este traballo o vindeiro mes, cando sexa presentado en Santiago de Compostela.

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario