mércores, 8 de maio de 2024

Visita ao SNL da USC

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso centro foi recibido polas persoas responsables do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Un grupo de nenos e nenas estivo presentándolles a nosa campaña Fai un trato co galego! e achegoulles uns adhesivos, que puxeron nas súas portas.

Manuel N. Singala, Xusto Rodríguez e Manuel Bermúdez interesáronse polo traballo que levamos a cabo no centro, pola opinión que a nosa iniciativa lles merecía e a súa utilidade.

Ademais agasalláronnos cunhas bolsas dunha campaña deste Servizo: Témoslle LEI 

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario