sábado, 18 de maio de 2024

Letras Galegas

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinou, durante a semana das Letras Galegas, unha iniciativa que agromou nas sesións do obradoiro de poesía creativa, que se desenvolve no noso centro nas xornadas dos venres creativos (Polos creativos - Equipo de Plan Dixital). Esta proposta vén da man do alumnado de 5º e 6º de Primaria, alumnado colaborador dos obradoiros e o do grupo que conformou o Equipo 21.

Quixeron achegarse a Luísa Villalta e á súa obra Ruído, centrándose naqueles versos que consideraron que levaron a autora a pórlle ese título.

Premede na imaxe ou accedede a través do código QR, para escoitar o alumnado.  






Ningún comentario:

Publicar un comentario