A nosa comunidade educativa é moi afortunada ao poder contar con grandes mulleres, significativas en moitos ámbitos, pero sobre todo xenerosas.
Mulleres que sempre atenden as nosas peticións e que se achegan a encontrarse co noso alumnado sempre que llelo solicitamos.
Tivemos a sorte de que nos visitaran neste último trimestre de curso:
Mª Teresa Martínez Santiago, doutora en Bioloxía e Técnica de Laboratorio na especialidade de Química Analítica.
Faloulles ao alumnado da propagación e conservación de especies forestais como o carballo, a aciñeira ou a sobreira.
Montse Pena Presas pertence á comunidade educativa do CEIP López Ferreiro. É docente na USC e, ademais de crítica literaria, é unha grande especialista en literatura infantil e xuvenil. Sempre nos agasalla con obras fantásticas e coas últimas novidades literarias.
Pero para o alumnado de Infantil, Montse é unha marabillosa contadora de contos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario