sábado, 4 de marzo de 2023

Día do AMOR

 

No mes de febreiro, dende as aulas do CEIP López Ferreiro, rompemos co mito do amor romántico e falamos de AMOR (en maiúscula): amor cara á vida, amor cara á familia, amor cara ao que nos enche de felicidade e, por suposto, amor cara a nós mesmas/os.

A proposta de achegar as "palabras fermosas", empregadas nas casas para denominar os pequenos e as pequenas foi un éxito! As caixas que o EDLG instalou nos diferentes andares enchéronse de palabras agarimosas. Agora, coa axuda do Equipo de Extraescolares, están a dar vida aos corredores e aos espazos exteriores do centro e abren portas a novas maneiras de entender os afectos e as relacións sociais.

 












Ningún comentario:

Publicar un comentario