Helena Villar é unha artista galega, “rosaliana cen por cen”, como adoita definirse, que naceu en Becerreá, Lugo. É coñecida polo seu traballo como escritora e tamén como docente, pois foi mestra de Primaria durante moitos anos. Un dos centros nos que ensinou e ao que lle garda máis cariño é o noso, o LÓPEZ FERREIRO. Tamén foi profesora de Secundaria no IES Xelmírez I.
Aínda que destaca no seu traballo poético, é narradora, ensaísta, fotógrafa, tradutora, colaboradora de xornais, blogueira, estudosa da música e compositora dalgunhas cancións que foron interpretadas en distintas edicións do Festival da Canción Infantil Cantareliña, no que participaron a súa filla e o seu fillo.
Dende o mes de marzo, a biblioteca do CEIP López Ferreiro leva o seu nome.
Rosa Aneiros naceu en Meirás-Valdoviño e vive en Compostela. É xornalista e investigadora da Sección de
Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en
distintos medios de comunicación impresos e dixitais, ten participado en programas de radio, escrito guións e impartido docencia na USC.
É unha grande contadora de historias, tarefa que quixo desenvolver dende pequena. Para ela a escrita é unha afección, desfruta escribindo para a cativada e para o público adulto. Sempre viaxa cun caderno, un bolígrafo e un libro.
Rosa, ten unha norma e é que na escrita non existen normas, como ela mesma sinala: "escribo onde lle cadre, en ordenador ou caderno segundo lle cadre, e nas horas que lle cadre... Por desgraza, ou por sorte, non podo planificar o tempo de escrita e teño que aproveitar cada minuto coma se fose o último".
Ademais, Vázquez Freire, foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia.
Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil. É coautor de diversos materiais educativos individuais e colectivos.
Tamén foi membro fundador da asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario