Sara Seco fai un trato co galego! Sara é creadora de contido nas redes sociais e emprega o galego en todos os seus vídeos 🩵🩵
luns, 26 de outubro de 2026
domingo, 18 de outubro de 2026
I Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial
As primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial do López Ferreiro clausuráronse cun grande éxito de participación e unha excelente acollida por parte do alumnado.
A iniciativa logrou poñer en valor as tradicións, a música e os saberes orais, conectando o estudantado coas raíces locais e o legado vivo.
Queremos agradecer de corazón a toda a comunidade educativa e aos colaboradores polo seu gran traballo e implicación nestes días. Grazas a este esforzo colectivo, logramos asegurar que o noso legado cultural siga moi vivo entre as novas xeracións.
martes, 13 de outubro de 2026
I Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial no López Ferreiro
A semana do 13 de outubro celebraremos no López Ferreiro as primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta cita é moi especial para o noso centro, xa que o día 17 de outubro foi declarado pola UNESCO o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial.
Ao longo deses días, o alumnado participará en actividades para descubrir e poñer en valor a riqueza das nosas tradicións, a música e os saberes orais. Unha oportunidade única para conectar coas nosas raíces e aprender a protexer este "patrimonio vivo".
martes, 15 de setembro de 2026
Novo dicionario galego-castelán en liña
A Real Academia Galega lanza Dragbil, un dicionario bilingüe que conta con 26.000 entradas e busca facilitar a aprendizaxe do idioma.
A nova ferramenta dixital Dragbil, que se presenta con vocación pedagóxica, consta dunhas 26.000, 55.200 acepcións, máis de 87.000 sinónimos de tradución e unhas 6.000 frases feitas. Está previsto que se vaia actualizando progresivamente e que no futuro estea dispoñible tamén a versión galega-castelán.
Os responsables do novo dicionario subliñan a especial importancia que ten a nova ferramente para o ámbito do ensino, con especial atención á esfera contrastiva e distintiva.
Pode consultarse na web da institución e a través da aplicación do dicionario para Android e iOS.
luns, 18 de maio de 2026
Maios e Letras Galegas
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño.
Ademáis tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra de arte feita polas docentes Rosa Raviña e Ana Robles, coa axuda da patrulla verde, a partir do material aportado polas familias.
mércores, 6 de maio de 2026
Gala 30 edición Teatro Intercentros
O día 6 de maio tivo lugar a gala pola 30º edición do Certame de teatro Intercentros da comarca de Santiago. O noso centro foi un dos participantes neste certame, onde recibimos o recoñecemento pola obra deste curso e a mención especial ao mellor actor revelación, Xián Raposo.
Por outros 30 anos máis de teatro nos centros educativos!
martes, 5 de maio de 2026
"A Odisea Inmobiliaria". Teatro Intercentros 2026
O alumnado de 5º e 6º representou o 5 de maio a peza "A Odisea Inmobiliaria" sobre a crise do aluguer.
-
A semana do 13 de outubro celebraremos no López Ferreiro as primeiras Xornadas do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta cita é moi especial p...
-
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A ...
-
O CEIP López Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Ademáis tamén festexamos a Festa dos Maios, con esta obra...

.jpeg)



