martes, 27 de maio de 2025
Castelao 3.0 Galiza no cora
venres, 23 de maio de 2025
«Agora Cantamos Nós!», festa grande galego-portuguesa en prol das Letras Galegas Universais
Máis de cinco horas de festa con inesgotable enerxía, tal e como amosou o alumnado das escolas galegas e portuguesas que engaiolou este venres 23 de maio no Parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela co seu bo facer nos escenarios compartidos. Alí escoitamos por exemplo a «Muiñeira de Arganzón», «Xota de Arganzón», «Regueifa de San Salvador», «Regueifa do Banquete», «Muiñeira Corrida» ou «Tataravoa» entre moitas outras pezas.
‘Ferreiriñas’, ‘Barri-Kreo’, ‘As tres cordas’, ‘Os Clementinos’… son algúns dos grupos infantís e xuvenís que participaron nesta foliada, á que acudiu o noso centro.
Tamén tivo relevancia a presenza dos “tesouros vivos”, esas persoas que posúen un coñecemento profundo e significativo dunha cultura ou tradición, e cuxa experiencia é fundamental para preservar e transmitir ese coñecemento ás xeracións futuras.
E un bo exemplo foi Teresa dos Cucos, cantareira galega de Malpica de Bergantiños e figura destacada na preservación e transmisión da música e tradición oral galega. Recoñecida influencia e colaboradora de músicos e grupos como Xabier Díaz, Sés, Mercedes Peón, Xurxo Souto e Tanxugueiras, Teresa é toda unha “Mestra da Memoria”, tal e como a galardoou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Ao evento asistiron tamén representantes das institucións que apoian esta iniciativa. Por parte do Concello de Santiago de Compostela estivo a concelleira Pilar Lueiro: “O noso concello vibra día a día coa nosa música tradicional, Compostela non se entende sen foliada”, gabou. Desde a Xunta de Galicia asistiron o secretario Xeral da Lingua, Valentín García e o director xeral de Patrimonio, Ángel Miramontes, que destacaron o traballo de Ponte… nas ondas! no reforzo dos lazos coa lusofonía. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, falou tamén da importancia da reivindicación do patrimonio oral galego-portugués. Do mesmo xeito que a deputada Sol Agra Tuñas, da área de Cultura e Lingua da Deputación da Coruña, quen tamén salientou a oportunidade e o valor de divulgar e transmitir este patrimonio compartido ás novas xeracións, tan de relevancia este mes ao abeiro da homenaxe ás cantareiras nas Letras Galegas 2025.
Fonte: pontenasondas.org
sábado, 17 de maio de 2025
Placas de textos cantados de Tradición Oral
As familias do noso centro achegáronnos cantos de arrolos, trabalinguas, fórmulas de xogo, adiviñas... Creamos con elas uns códigos QR e expóñense nas entradas do centro para que a comunidade educativa os poida escoitar.
-
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A ...
-
O alumnado de infantil e o de 2º de primaria cantou, recitou e xogou cunha cantiga de tradición oral propia deste tempo. Que a gocedes!
-
Mañá, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o EDLG do CEIP López Ferreiro, queremos promover a partic...
.jpeg)



.jpg)
