mércores, 26 de marzo de 2025

DIXIMED

O alumnado dos distintos niveis do López Ferreiro, preséntanos o Diximed e a súa utilidade para achegarnos ao coñecemento do corpo humano.


O guión destes vídeos e a gravación foi realizada polo Equipo Falamos +, alumnas e alumnos de 6º de primaria. A montaxe realizouna o EDLG do CEIP López Ferreiro

E antes do recreo, xogamos co DIXIMED!




martes, 25 de marzo de 2025

Tradición e música co programa Eixo Atlántico

Achegámonos á tradición oral e á música tradicional con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, unha proposta que gozamos grazas á participación do noso centro no programa que promove O Eixo Atlántico. Son Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal. 

Premede no vídeo e no enlace á nosa web para obter máis información: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/node/662




luns, 24 de marzo de 2025

FALAMOS + e o PDI do centro


O PDI do centro centrouse este curso na alimentación. O EDLG e o Equipo de Biblioteca, que se encarga de promover esta proposta, desenvolveron un traballo de colaboración. Así, o alumnado do López Ferreiro preocupouse por coñecer nomes de froitos e e froitas e é quen propoñer comidas saudables en galego. Porque aquí...Falamos +!!!

mércores, 19 de marzo de 2025

Xiana Sar fai un trato co galego!

  Xiana Sar tamén fai un trato co galego!  


A mestra de pandeireta e estudante de Filoloxía ofreceunos un concerto coas alumnas do noso centro. 



Que ledicia!



Falamos + e Cé Orquestra Pantasma

Co gallo da inauguración do programa Falamos +,  recibimos a visita da persoa coordinadora do programa, Pilar Ponte, das persoas que o promoven desde a Secretaría Xeral da Lingua e de representantes políticos: Valentín García, Secretario Xeral, e José López, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. 


Ao remate da presentación desta iniciativa, gozamos co concerto de Cé Orquestra Pantasma

O multinstrumentista César tamén fai un trato co galego!  

Foi unha festa rachada!




mércores, 12 de marzo de 2025

8M no CEIP López Ferreiro

O noso alumnado de Educación Infantil reivindica a igualdade entre homes e mulleres a través do baile. Con música de artistas como Caamaño&Ameixeiras,  Guadi Galego ou as Tanxugueiras, bailamos pola igualdade.  


E o resto do alumnado do centro non quixo quedar atrás. Sumáronse a esta iniciativa todos os niveis.