Os
Equipos de Actividades Extraescolares e de Dinamización da Lingua
Galega do CEIP López Ferreiro realizaron, con alumnado de diferentes
niveis, unha exposición fotográfica: “A
mellor luz, a solidariedade”,
co fin de colaborar co
Albergue Juan
XXIII na campaña de Nadal. Deste
xeito,
apóiase
o grande
labor que está a facer esta
institución, ao
ser refuxio e sustento de moitas persoas na nosa cidade.
Protagonizan as fotografías os distintos tipos de luz e os ollos do alumnado que as realiza ou está a ser retratado.
Ademais, cada unha das 30 imaxes están apoiadas con versos de grandes mulleres poetas galegas: Rosalía de Castro, María Mariño, Luz Pozo, María Victoria Moreno, Helena Villar, Ana María Fernández, María do Cebreiro Rábade ou Rosalía Fernández.
A
exposición puido ser visitada os días 21 e 22 de decembro no
claustro do Hotel Monumento San Francisco e, á volta do Nadal, as
fotografías serán expostas no centro.
O
motivo da exposición foi
procurar
diferentes
produtos que
precisan no
Albergue: alimentarios, de hixiene persoal, de limpeza etc.




